26 de xullo de 2020
Para asistir ao Planetario é indispensable realizar unha reserva previa de entradas. A visita libre ás salas de exposicións non está dispoñible.
Debido ás circunstancias sanitarias actuais, o acceso á Casa das Ciencias está limitado á asistencia ás súas sesións de Planetario. Dadas as características desta sala, o acceso está permitido só a maiores de 4 anos.
Programación:
Como realizar a reserva de visita?
Para asistir a unha das sesións de Planetario é indispensable realizar unha reserva previa aquí.
Hai que seleccionar no calendario o día e a hora da sesión á que se quere asistir, e pódense reservar un máximo de cinco entradas. As entradas aboaranse ao chegar ao museo, tras mostrar o resgardo da reserva que se recibirá ao completar o rexistro.
NORMAS COVID-19
Debido ás características da sala do Planetario e á duración das sesións, por seguridade, todas as persoas, de calquera idade (no Planetario non poden entrar persoas menores de catro anos), deberán asistir coas súas propias máscaras sen válvula exhalatoria e portaranas todo o tempo.
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

31 de xullo de 2026
Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

3 de xullo de 2026
Unha mostra colectiva de historietas de cómic que abordan diferentes perspectivas das eclipses.

3 de xullo de 2026
Faleceu tras 20 anos de vida no acuario coruñés
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible