A historia do mestre de artes marciais Yip Man, que adestrou a Bruce Lee.
Para público en xeral
Os días 08/10/2015, 09/10/2015, 10/10/2015
Xa rematou
xoves 20.30 h.
venres 20.30 h e 23.00 h.
sábado 17.30 e 20.30 h.
113 min.
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
3'00 euros (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, 2'00 euros).
(Os descontos aplicaranse previa presentación do documento que acredite o desconto).
SESIÓNS DO ESPECTADOR: venres 23.00 e sábado 17.30 h. PREZO ÚNICO: 1'50 euros.
981 184 293.
Un relato sobre as artes marciais e a alma da civilización chinesa. Dous mestres de kung fu, Ip Man (Tony Leung), o home que adestrou ao mítico Bruce Lee, e a bela Gong Er (Zhang Ziyi), reúnense na cidade natal de Ip Man en vésperas da invasión xaponesa de 1936. O pai de Gong Er, un gran mestre de renome, tamén viaxa a esa cidade para a cerimonia da súa xubilación, que terá lugar no lendario bordel O pavillón de ouro. Historia de traizón, honra e amor que se desenvolve na tumultuosa época que seguiu á caída da última dinastía chinesa, un tempo de caos e guerra, pero tamén unha época de ouro das artes marciais en China.
Director: Wong Kar-Wai.
Intérpretes: Tony Leung Chiu Wai, Brigitte Lin.
China, 2014 - 113 min. (V.O.S en castelán).
NON RECOMENDADA A MENORES DE 12 ANOS.
Formato: 35 mm.
*National Board of Review (NBR) 2013: Top películas estranxeiras do ano.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible