Concello da Coruña

Concello da Coruña

Parque escultórico

Contorna da Torre

Desde esta atalaia privilexiada domínase todo o golfo Ártabro, que se estende desde o cabo Santo Adrián ao cabo Prior, unha ampla zona na que se atopan as illas Sisargas, as illas de San Pedro, A Marola e As Gabeiras, ademais da entrada das rías do Burgo, de Betanzos, Ares e de Ferrol. Pola súa localización este parque que arrodea a Torre é un observatorio desde o que a miúdo podemos ver especies de aves como os corvos mariños, gaivotas, arcas e araos que teñen os seus niños nos cantís próximos.

As numerosas sendas que percorren toda a zona, considerada no plan municipal como Espazo Natural de Interese Local (ENIL), permiten aos visitantes gozar dunha contorna natural cunha flora autóctona dun indubidable valor ecolóxico.

Este museo ao aire libre esténdese pola península da Torre, Punta Herminia, O Acoroado e o Cabal de Pradeira, ao longo de 47 ha, que coinciden cos límites da chamada "core zone", zona de influencia da Torre, no contexto do Patrimonio Mundial. As esculturas distribúense no espazo verde que rodea a Torre, nun xogo de perspectivas moi suxestivas e en diálogo permanente co monumento. A temática artística elixida pode ordenarse ao redor de varias vías, relacionadas coa historia, a mitoloxía e as lendas.

Neste espazo escultórico integráronse elementos preexistentes entre os que destacan o Monte dos Bicos, o Cemiterio Mouro e as balizas que axudan á navegación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión