A Coruña City Council

A Coruña City Council

Faladoiro cos Premios Castelao 2025 (Viñetas)

Mais outro ano, as Bibliotecas Municipais sumámonos á festa do cómic máis especial da cidade: Viñetas desde o Atlántico. Durante o mes de agosto, o cómic sae dos andeis e chega ás vosas mans en forma de charlas e encontros, presentacións, obradoiros, mostras e exposicións.

¿A quién va dirigido?:

Dirixido a todos os públicos

A quién va dirigido:

Para público en general

Dates:

11/08/2026

Registration date:

Acceso libre

Horario:

Das 17.00 ás 18.00 h

Duración:

1 h

Address:

Méndez Núñez Gardens. Gardens de Méndez Núñez s/n. 15006 A Coruña

Carpa na Rúa da Banda Deseñada

Contacto:

bibliotecas@coruna.gal

Tel.: 981 184 384

Neste faladoiro, presentado e moderado por Iván Serrrano (Biblioteca Municipal fórum) e que terá lugar na carpa da banda deseñada, debaterase sobre cómic emerxente xunto cos autores premiados na XX edición do Premio Castelao de Banda Deseñada, converténdose nun espazo de debate esencial para descubrir novos talentos e o futuro da banda deseñada en galego.

O Premio Castelao de Banda Deseñada é un dos galardóns de cómic máis importantes do ámbito estatal, convocado anualmente pola Deputación da Coruña para impulsar a creación artística e a promoción da lingua galega.

Na pasada edición, resultaron gañadoras as obras "Maré", de Manuel Barreiro Rozados e Elías Oliver Taño, e "Narices!", de Giovanna Lopalco.

  • Maré, de Manuel Barreiro Rozados e Elías Oliver Taño, impúxose na categoría xeral, e mergulla ao lector no imaxinario da clase obreira e do mundo mariñeiro.
  • Narices!, de Giovanna Lopalco, obra premiada na modalidade infantil e xuvenil, convida ao xogo e á exploración creativa.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Follow us on

Iniciar sesión