As conselleiras e conselleiros do CLIAC presentarán o traballo realizado durante o curso ante a alcaldesa.
Para público en xeral
26/06/2026
Realizarase un ensaio o luns 22 de xuño, ás 16.30 horas.
Palacio Municipal de María Pita. Praza de María Pita 1. 15001 A Coruña
O Consello Local da Infancia da Coruña (CLIAC) pon a culminación a todo o traballo realizado durante o curso a través da realización, o vindeiro venres 26 de xuño, ás 12.00 horas, da súa sesión plenaria.
O salón de plenos do Palacio Municipal de María Pita recibirá as conselleiras e conselleiros, que presentarán as súas propostas ante a alcaldesa.
O luns 22 de xuño, ás 16.30 horas, terá lugar un ensaio previo.