ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle relativo á parcela na que se empraza o actual mercado municipal de Palavea (Expediente DPE/2025/47)
22 de outubro de 2025
A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 22.10.2025, acordou aprobar inicialmente o documento denominado "Estudo de detalle da parcela coa referencia catastral 9176501NH4997N (Actual Mercado Municipal de Palavea). Agosto 2025.", promovido polo Concello da Coruña e asinado polos arquitectos Álvaro Fernández Carballada, Beatriz Aneiros Filgueira e Laura Fernández Suárez, cos números de COAG 1047, 2137 e 12752, respectivamente, pertencentes á empresa Fernández Carballada e Asociados S.L.P.
En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do chan de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu Regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.
A documentación estará a disposición do público no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, no apartado de publicidade oficial, taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, información urbanística; na web de Urbanismo, na apartado exposición pública, e no visor Desenvolvemento do Plan. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), de 9:00 a 13:00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 27 de outubro de 2025
O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle na zona Z4-R15 (Parcelas Z4-R15L e Z4-R15P), no ámbito do SURT 1, en San Pedro de Visma (expediente 631/2024/120).
Suspensión cautelar de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial PE M18 "Labañou", A Coruña (Expediente 631/2024/246)
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle relativo á parcela na que se empraza o actual mercado municipal de Palavea (Expediente DPE/2025/47)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible