239 resultados
Mediante o decreto da Alcaldía do 21 de xuño de 2016 créase a Oficina Municipal Contra o Cambio Climático, que ten como finalidade desenvolver os compromisos de redución de emisións derivados do Pacto de Alcaldes e Alcaldesas para o Clima e a Enerxía. Coa súa publicación nesta web faise efectivo o dito decreto.
A cédula urbanística configúrase como un documento público administrativo, acreditativo do réxime urbanístico a que se atopan sometidas as leiras do termo municipal, tanto se están edificadas como libres de edificación, o cal se constitúe en instrumento adecuado para plasmar na práctica o dereito á información urbanística que se recoñece a todo administrado, segundo o principio de publicidade do plan.A ordenanza establece o contido da cédula urbanística e as normas que regulan a súa expedición e tramitación.
Publicada no BOP Nº 97. Venres, 30 de abril de 1999
resultados 239
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible