Neste apartado ofrecemos información específica de como proceder para alugar as pistas de pádel municipais, situadas na Cidade Deportiva A Torre.
Localización das pistas de pádel:
As pistas de pádel municipais forman parte das instalacións da Cidade Deportiva da Torre.
Formalización do aluguer:
Poderase realizar de dúas formas:
1) Telemáticamente, a través da plataforma Cronos Web:
Ligazón para o acceso á plataforma: Acceso a Cronos Web.
Recomendamos consultar a guía de acceso e uso de Cronos Web, que se pode descargar na seguinte ligazón: Guía xeral de acceso a Cronos Web
NOTA: Para poder usar a plataforma Cronos Web é necesario estar previamente de alta na mesma. Esta alta inicial farase, de modo presencial, no rexistro de Deportes de Riazor, presentando o DNI ou documento identificativo análogo (NIE, pasaporte, etc.), e indicando unha dirección de correo electrónico, que será a que permita posteriormente o acceso á plataforma on-line.
2) Presencialmente, acudindo á Oficina de Rexistro do Palacio de Deportes de Riazor, preferentemente con Cita Previa.
Tarifa (Ordenanza Fiscal nº 15):
Uso libre para actividade física. Partido individual ou dobres/unha hora: 3,18 €
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle no Complexo Deportivo Agra I e no IES Agra do Orzán (expediente 631/2025/165).
ANUNCIO de aprobación inicial do Estudo de Detalle para a ampliación do CIFP Paseo dás Pontes. (expediente 631/2026/1).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible