10 de xullo de 2026
Inés Rey recibiu en María Pita a 18 estudantes de centros da cidade para destacar os seus excelentes resultados na proba de acceso á universidade
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá ao alumnado coruñés coas mellores notas na PAU 2026, nun encontro que estivo marcado polo recoñecemento ao esforzo e dedicación dos mozos e mozas que realizaron este ano a proba de acceso á universidade: "Este acto non pretende celebrar só unha nota. Pretende recoñecer todo o camiño que vos trouxo ata aquí. Porque detrás de cada cualificación hai moitas horas de estudo, exames, traballos, nervios, ilusións e tamén renuncias. Hai tardes nas bibliotecas, fins de semana preparando probas e unha vontade constante de superación", apuntou Inés Rey na súa intervención.
A alcaldesa tamén tivo palabras para as persoas que acompañan o alumnado nesta etapa tan determinante da súa traxectoria educativa. "Este recoñecemento tamén lle pertence ás persoas que vos acompañaron nese camiño. Ás familias, que estiveron ao voso carón nos momentos de dúbida e tamén nos de alegría. E ao profesorado, que non só vos transmitiu coñecementos, senón que vos ensinou a pensar, a preguntar e a descubrir capacidades que ás veces nin vós mesmos sabiades que tiñades", engadiu a alcaldesa.
Na cita tamén estiveron presentes o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego; a vicerreitora de Estudantes e Empregabilidade da UDC, María José Lombardía Cortiña; o alumnado dos centros da cidade que obtiveron as 18 mellores notas de acceso a universidade no ano 2026 e representantes dos centros educativos onde cursaron os estudos os homenaxeados e a familia e convidados do alumnado recoñecido.
Os 18 alumnos cos mellores expedientes (algúns non puideron asistir á recepción) foron, por esta orde:
Lara Castelo Gómez, do IES Sardiñeira
Romeu Tembrás Sánchez, do IES Salvador de Madariaga
Olga García Mosquera, do CPR Montespiño
Carolina Varela Nieto, do CPR Santa María del Ma
Javier Rubín Santamarina, do CPR Sagrado Corazón
Inés Cancela Sánchez, do CPR Liceo La Paz
Antonella Elena Poth Lezama, do IES Elviña
Pablo Carpente Carpente, do IES Eusebio da Guarda
Roi Edreira Leis, do CPR Fogar de Santa Margarida
Inés Ulloa Moreno, do CPR Santa María del Mar
Carmen Pérez Rodríguez, do CPR Fogar de Santa Margarida
Plácido Mayán Monelos, do CPR Santo Domingo
Hugo Rodríguez Prieto, do IES Eusebio da Guarda
Alba García Rodríguez, do CPR Esclavas Sagrado Corazón de Jesús
Sofía Franco Martínez, do CPR Calasanz- Pp Escolapios
Martín Seoane Gamborino, do CPR Santa María del Mar
Carmela Taboada Rodríguez, do IES Monte das Moas
Fátima Bermúdez Carretero, do IES Eusebio da Guarda

2 de xullo de 2026

26 de xuño de 2026

25 de xuño de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible