28 de marzo de 2026
A formación terá cinco actuacións os domingos entre marzo e maio no Teatro Colón, con entrada libre
A Banda Municipal de Música da Coruña inicia este domingo o seu Ciclo de Primavera 2026, un programa composto por cinco concertos no Teatro Colón e varias actuacións extraordinarias en distintos espazos da cidade. Baixo a dirección do seu titular, Juan Miguel Romero Llopis, a agrupación ofrecerá unha tempada marcada pola diversidade estilística, a participación de solistas convidados e a colaboración con entidades culturais galegas.
"Esta programación reforza a aposta pola música pública de calidade e promove o acceso da cidadanía á creación artística, mantendo o modelo de concertos dominicais que a BMMC vén desenvolvendo con grande éxito de público", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
O ciclo arrinca este domingo 29 de marzo con 'Lendas musicais', un programa centrado en obras inspiradas na tradición e na narrativa popular. Ao longo da primavera, a Banda abordará repertorios sinfónicos, creación contemporánea e propostas con participación coral ou educativa. Entre os convidados destacan o Coro da OSG, o solista de óboe Aitor Llimérá, a Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada e o clarinetista Manuel Martínez, que intervirá no concerto de clausura. De novo, afondarase na colaboración con eventos como RESIS e a confluencia de distintos estilos musicais dentro de cada programa.
Ademais da programación no Teatro Colón, a tempada inclúe catro concertos extraordinarios en colaboración con outras institucións e proxectos culturais, continuando a liña de traballo que busca ampliar públicos e descentralizar a actividade musical da cidade.
Os concertos da banda súmanse á ampla programación musical proposta polo Goberno de Inés Rey, que ten convertido á Coruña en referente musical do norte de España, destacando no seu modelo de promoción da música clásica.
A programación do Ciclo de Primavera 2026
Ciclo de Primavera - Teatro Colón (12.15 horas)
Concertos extraordinarios

27 de marzo de 2026

27 de marzo de 2026

26 de marzo de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible