22 de marzo de 2023
O mércores 29 de marzo ás 15.40 h
A Escola Infantil Municipal de Monte Alto organiza unha charla coloquio sobre igualdade na infancia. Raquel Álvarez, educadora social e Miren Ansó, pedagoga, ambas as dúas nais da escola, compartirán a súa reflexión sobre a importancia de tomar conciencia e practicar a autocrítica para evitar reproducir valores machistas na infancia.
A charla, dirixida a persoas da escola (nais, pais, educadoras etc.) e interesados de fóra da escola, terá unha duración aproximada de 60 a 90 minutos e aínda que non está prevista a presenza de menores, haberá unha organización especial para os nenos e nenas da escola durante a charla.
Precísase inscrición previa para poder calcular e valorar o espazo que se utilizará. Pode ser a través do correo da escola, chamada telefónica ou persoalmente.
Ademais, ponse de novo en marcha o proxecto de "Maletas viaxeiras pola igualdade", polo que esta charla é un encontro que se relaciona con esta dinámica na que proximamente participarán as familias.
Entidades
Documentos relacionados

19 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible