Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de decembro de 2016

Detido por un delito de violencia de xénero

Detido un home de 48 anos, veciño da Coruña e posto a disposición xudicial por un posible delito de violencia de xénero.

Ás 09.25 horas do pasado martes día 20, recibiuse unha chamada na sala do 092 por parte dunha muller comunicando que fora vítima de malos tratos por parte da súa parella, motivo polo cal abandonara a vivenda, e que o seu esposo encontrábase no exterior do seu novo domicilio, sito na zona da Rolda de Outeiro, barrio de Labañou, e facilitaba á súa vez as características físicas da dita persoa. Ao lugar desprazáronse dúas dotacións da policía local. Localizou unha delas o presunto agresor, que ás preguntas dos axentes indica que estaba a esperar a súa muller, para trasladala de novo ao seu domicilio. Tras entrevistarse coa requiriente do servizo, esta manifesta que fora agredida por parte do seu esposo no domicilio, hai dous días, tras ter unha discusión, e móstralles aos axentes varios hematomas que tiña no brazo dereito, e indica ademais que tamén recibira ameazas de morte, destes feitos foi testemuña unha persoa que foi identificada no lugar pola dotación policial. Por iso os policías procederon á inmediata detención do presunto agresor, un home de 48 anos de idade, veciño desta cidade, que foi trasladado para o seu recoñecemento médico ao Centro de Saúde dos Mallos e quedou posteriormente a disposición xudicial nos calabozos policiais, e foi denunciado ante o xulgado de garda por un posible delito de violencia de xénero.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión