Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xullo de 2015

O alcalde da Coruña di que o Concello non permitirá que se especule cos terreos da Fábrica de Armas

Xulio Ferreiro manifestou, ao respecto da ampliación da Vedra, que debe ir en consonancia co Plan Busquets, que pasaba por facer unha infraestrutura máis amable.

O alcalde da Coruña Xulio Ferreiro, reuniuse este martes con representantes de Hércules de Armamento, a sociedade que se fixo coa adxudicación da Fábrica de Armas tras o último concurso realizado polo Ministerio de Defensa. O rexedor manifestou que a empresa lle presentou un plan “que tal e como se expón ten interese para a cidade”. “Trátase dun proxecto industrial, a largo prazo, que se basea no sector civil e na alta tecnoloxía”, explicou o dirixente municipal, que insistiu en que “se o proxecto vai nesta liña” terá o apoio do Concello.

Ferreiro explicou ante os medios que a empresa lle comunicou que de cara ao mes de outubro espera abordar un “salto cualititativo” que se traducirá nunha maior contratación e en máis encargos.

Por outro lado, o Ministerio de Defensa cedeu a explotación a Hércules de Armamento dunha parte dos terreos sobre os que se asentaba a antiga Fábrica de Armas, pero non todos. Ferreiro recordou que foi o anterior Goberno municipal o que se encargou de facer ese terreo urbanizable. “O que imos facer, coas nosas competencias, é evitar que eses terreos e usen para especular”, dixo o alcalde coruñés, que insistiu en que “o Concello será moi estrito no tema de non promover novas especulacións na cidade”.

O alcalde da Coruña manifestou que o Goberno municipal está aberto a realizar unha labor de mediación entre a concesionaria dos terreos e os traballadores. “O que nos interesa é que a Fábrica de Armas teñan un proxecto de permanencia na cidade”, indicou o rexedor.

Por outro lado, Ferreiro tamén foi preguntado pola prensa pola situación da concesión dos terreos públicos sobre os que se asenta o edificio do hotel NH Atlántico. O alcalde manifestou que, polo momento, o Concello non recibiu ningunha comunicación por parte da sociedade concesionaria do edificio público. “A nosa idea segue a ser a de usar o edificio do NH como solo público no momento no que expire a concesión. Pensamos na residencia de estudantes, pero pode ser que ese tema se solucione antes”, explicou. “En calquera caso, hai outros equipamentos públicos que se poden utilizar”, dixo. “Todo está aberto a estudo, primeiro, o que intentamos descubrir é cal é a situación legal real do hotel, porque hai moitas cousas neste Concello que se deixaron feitas e non están como deberían”, indicou.

Por outro lado, e no seu encontro coa prensa, Ferreiro tamén foi preguntado acerca do Plan Integral para o saneamento da Ría do Burgo que supostamente prepara a Xunta de Galicia. “O que necesitamos é unha solución integral. A Concellería de Medio Ambiente, desde o Concello, xa se puxo en marcha para evitar puntos de vertido que partan da nosa cidade. Nós imos a cumprir as nosas obrigas e esixir ao resto de administración que tamén as cumpra, os compromisos deben ser reais, con documentos enriba da mesa, non promesas feitas uns meses antes das eleccións”, comentou o alcalde da Coruña.

Noutra orde de asuntos, Ferreiro tamén se referiu ao proxecto de ampliación da Avenida da Vedra. “Creo que, nestes momentos, seguir dicindo que a solución para a mobilidade dunha comarca pasa por meter máis coches na Coruña é algo antigua. A mobilidade non pode pasar únicamente polo automóbil”, manifestou.

“Dende o Concello estamos traballando nun plan, pero iso non significa que se vaia a renunciar á obra. O único que dicimos é que a ampliación ten que ir en consonancia co Plan Busquets, facer da Vedra un lugar máis amable”, indicou, para engadir: “O que intentamos é que Fomento poida reconfigurar ou matizar determinados aspectos dese proxectos para que sexan máis propios dunha cidade do século XXI”.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión