Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de xullo de 2017

O Concello reordena as prazas de zona ORA e residentes na Costa da Palloza tras a ampliación da parada do bus urbano

Os cambios nos tipos de estacionamento afectan tamén á rúa Don Bosco, resultado dos traballos desenvolvidos na rúa Hospital

O Concello iniciará a semana vindeira unha serie de modificacións na distribución das prazas de estacionamento de zona ORA e residentes na Costa da Palloza e as rúas adxacentes, como resultado dos traballos desenvolvidos nas últimas semanas para a ampliación e mellora da parada do bus urbano desta vía, que serviron para prolongar a plataforma, atendendo ademais a unha demanda do colectivo profesional de condutores e condutoras dos buses.   A reordenación, segundo indica o concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, vai dirixida a compensar a eliminación de prazas azuis que supuxeron estas actuacións, que tamén teñen como consecuencia a retirada de dous parquímetros que daban servizo a esta zona, e a reserva de espazo de aparcamento para a nova sede xudicial da Fábrica de Tabacos, 8 prazas azuis en horario compartido.

Desde xeito, desde mañá e nos próximos días comezarán a sinalizarse os cambios, que supoñen a substitución das prazas azuis de diante do Bingo de Catro Camiños por prazas para residentes. Ao mesmo tempo, no segundo tramo da avenida de Fernández Latorre (marxe dereita, entre a escalinata de Santa Lucía e o número 44, transformaranse en azuis 8 prazas verdes, para compensar a diminución na rúa contigua. Como fai notar o responsable municipal, o sector onde se asentan estas rúas é que que conta con maior ratio de prazas por residente, con 1,95 tarxetas por praza, e conta cun nivel de ocupación do 78%, que chegan ata o 87% no caso da rúa Fernández Latorre.

Por outra banda, na rúa Don Bosco, en Zalaeta, a restruturación polas obras desenvolvidas na rúa Hospital supuxo a supresión de 4 prazas de zona ORA e a creación de dúas de zona verde, tendo en conta, segundo indica o concelleiro, que a ocupación desta vía é do 72%. Deste xeito, nos próximos días procederase a transformar unha ducia de prazas de residente en prazas de zona azul no lateral do colexio Salesianos, e se instalará na zona un parquímetro. A maiores, entre a avenida de Finisterre e a rúa Rey Abdullah, instalarase outro parquímetro, para dar mellor servizo aos estacionamentos desta zona.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión