Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de agosto de 2015

O Concello saca a licitación o contrato para promocionar o comercio de barrio entre os máis novos durante o Samaín

A acción, á que se destinan 72.000 euros, "mostra o compromiso do Goberno local co comercio de proximidade", segundo salientou o concelleiro de Economía Social, Alberto Lema

O Concello saca a licitación o contrato para realizar unha campaña de dinamización do comercio de proximidade durante a celebración do Samaín 2015, enfocada cara aos máis novos e as súas familias. O obxectivo, segundo salienta o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, é achegar aos rapaces e rapazas de Primaria ao comercio do seu barrio mediante visitas e agasallos que incluirán castañas e vales para unha festa de disfraces na que poderán desfilar os e as participantes. A acción, para a que se destinan 72.000 euros, pasa por organizar visitas entre a rapazada de cada barrio polos negocios da súa zona para dar a coñecer os negocios locais nun contexto festivo no que se mesturan o Samaín, Halloween e os magostos.

“Esta iniciativa é mostra do compromiso deste Goberno municipal co comercio de barrio, tal como se recollía no noso programa”, destacou o concelleiro, que lembra que para deseñala contouse coa opinión de representantes das asociacións e do comercio local.

Auxiliar de comunicación

Por outra banda, o Concello vén de sacar a concurso un posto de auxiliar de prensa para o gabinete de Alcaldía. A praza, que se cubrirá polo sistema de libre designación tendo en conta a experiencia profesional e formación das persoas candidatas, está reservada a funcionarios de carreira do Concello. O complemento anual específico para este posto está fixado en 10.878,05 euros.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión