Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xullo de 2019

A Xunta de Goberno Local aprobou as licenzas para a rehabilitación dos colexios Eusebio da Guarda e Dominicos

As obras de reforma do Colexio Santo Domingo-FESD e do CEIP Eusebio da Guarda serán executadas pola Consellería de Educación, esta última cun orzamento de máis dun millón de euros

Hoxe realizouse a segunda Xunta de Goberno Local do mandato composta polas/os nove concelleiras/os do executivo de Inés Rey e as persoas representantes do resto de partidos políticos. Nesta sesión ordinaria, o executivo tomou conta dos expedientes urbanísticos aprobados no período comprendido entre o 28 de maio e o 28 de xuño do 2019: 55 licenzas urbanísticas, 258 obras en réxime de comunicado, 101 actividades en réxime de comunicación previa, 75 actividades en réxime de declaración responsable, 3 autorizacións de proxecto básico e de execución, 1 emenda nunha licenza de primeira ocupación e 4 prórrogas. Tramitáronse así, un total de 497 expedientes neste servizo.

Entre as licenzas concedidas, destacan as obras de reforma do Colexio Santo Domingo-FESD e do CEIP Eusebio da Guarda, que serán executadas pola Consellería de Educación, esta última cun orzamento de máis dun millón de euros.

A Xunta de Goberno deu luz verde tamén á prórroga do contrato para a xestión do servizo de axuda a domicilio durante un período de dous anos e cunha aplicación orzamentaria de de 2.005.560 euros.

Por outra banda, o órgano colexiado acordou designar o concelleiro de Educación, Cultura e Memoria Histórica, Jesús Javier Celemín Santos, representante no Consello Social da Universidade da Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión