12 de xullo de 2019
María José Porto Cagiao será a directora da Área de Igualdade, Benestar Social e Participación; Elvira Quintairos Lorenzo asume o cargo de directora de Infraestruturas e Mobilidade e Angelika Lorenzen Ketterling estará ao frente da dirección de Medio Ambiente e Sostenibilidade
A Xunta de Goberno Local urxente realizada hoxe aprobou o nomeamento das tres novas directoras de área, María José Porto Cagiao, que asume a dirección da Área de Igualdade, Benestar Social e Participación; Elvira Quintairos Lorenzo será a directora de Infraestruturas e Mobilidade e Angelika Lorenzen Ketterling estará ao frente da dirección da Área de Medio Ambiente e Sostenibilidade.
Representación municipal
Nesta sesión extraordinaria tamén foron nomeadas/os as/os representantes municipais nos distintos órganos colexiados nos que participa o goberno local. A alcaldesa, Inés Rey, representará o goberno na asociación Red Impulso e na Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI).
Juan Díaz Villoslada, edil de Urbanismo Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade será o representante municipal no consello da Autoridade Portuaria. José Manuel Lage Tuñas, edil de Economía e Facenda, no Consello de Administración de Gas Galicia, S.D.G.
Jesús Celemín Santos, edil de Educación, representará o Concello no Padroado da Fundación Universidade da Coruña, no Patronato da Biblioteca do Real Consulado, no Muncyt e na Rede de Dinamización Lingüística de Galicia.
A edil de Igualdade e Benestar Social, Yoya Neira, estará presente na Asociación pro persoas con discapacidade intelectual de Galicia (Aspronaga), no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, no comité local da Cruz Vermella e no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar Social.
Eva Martínez Acón será a representante no Consorcio Franco da Coruña e na Escola Universitaria de Relacións Laborais, mentres que a concelleira de Turismo, Diana Sobral, estará presente no Comité Nacional Español de ICOMOS e no Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia.
Delegación de competencias
Por outra banda, o órgano colexiado acordou delegar a potestade sancionadora no titular da Dirección de Seguridade Cidadá.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible