Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de decembro de 2023

Os Mercados Coruñeses organizan unha serie de obradoiros de cociña infantil de Nadal

Os obradoiros terán lugar do 22 ao 29 de decembro. Para participar será necesario inscribirse

Os Mercados Coruñeses organizan unha serie de obradoiros de cociña infantil de Nadal que terán lugar do 22 ao 29 de decembro, de 11.00 a 13.00 horas.

Os talleres serán gratuítos, con capacidade limitada, e diríxense aos menores de 7 a 12 anos.

Inscrición previa

A inscrición abrirase o día 11 ás 10.00 horas e finalizará ás 14.00 horas do día 13. As bases de participación estarán á disposición das persoas interesadas nos mercados municipais, nesta web e na web www.totemgestion.com. A inscrición realizarase en persoa ou por correo electrónico.

Descarga o formulario de inscrición .

A adxudicación das prazas terá lugar o día 19 de decembro.

Distribución dos obradoiros por mercados

  • 22.12.23: Mercados Durmideiras e Elviña
  • 26.12.23: Mercados Monte Alto e Eusebio da Guarda
  • 27.12.23: Mercados Conchiñas e San Agustín
  • 28.12.23: Mercados de Elviña e Monte Alto
  • 29.12.23: Mercados de Eusebio da Guarda e San Agustín

Documentos relacionados

  • Cartel informativo Talleres de cociña infantil de Nadal 2023
  • formulario de inscrición (253 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión