15 de xaneiro de 2026
Esta consulta despois de que a cidade herculina, en cooperación con outras cidades coa mesma problemática, como Santiago e Vigo, instasen á Xunta á procura dunha normativa que permita establecer un fío condutor a seguir polas diversas ordenanzas municipais
O Concello promoverá unha consulta pública co obxectivo de recabar as achegas e valoracións, tanto da cidadanía como das organizacións potencialmente interesadas, con respecto aos VTC.
Tal e como e como precisou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, no pleno deste xoves, "isto supón un primeiro paso", previo á elaboración -en caso de que así resultase toda vez conclúa a consulta-, dun proxecto de ordenanza municipal reguladora do servizo de transporte urbano de persoas viaxeiras en vehículos de turismo con persoa condutora (VTC).
Esta consulta pública chega pouco despois de que a cidade herculina, en cooperación con outras cidades coa mesma problemática, como Santiago e Vigo, instasen á Xunta á procura dunha normativa que, impulsada pola Administración autonómica, permita establecer un fío condutor a seguir polas diversas ordenanzas municipais.
"Queremos recompilar as opinións e propostas das persoas físicas ou xurídicas con respecto á futura norma. Nós, como Concello, escoitaremos a todas e todos os actores implicados e ás persoas afectadas. E pedimos á Xunta que defina cales son os criterios aplicados para autorizar transporte interurbanos", expuxo Díaz.
Na sesión plenaria desta mañá, a concelleira indicou, ademais, que en paralelo á consulta pública promovida polo Concello tamén será necesario realizar un estudo técnico "para saber con certeza se é preciso iniciar o proceso de autorización de servizos urbanos de VTC, ou non. E se é que si, establecer os criterios de seguridade viaria e sustentabilidade ambiental e económica, tal e como indica a Lei de Transportes da Xunta de Galicia".
A este respecto, Díaz indicou que, entre tanto, "a Xunta segue a conceder autorizacións, sen límite, para despois abrirlles informes sancionadores".
A consulta pública dos VTC, durante dous meses
A aprobación do trámite de consulta pública abre camiño á publicación da mesma na páxina web do Concello, onde estará visible o anuncio durante dous meses, período durante o cal se poderán formular achegas para a súa posterior valoración polos servizos municipais.

15 de decembro de 2025

10 de decembro de 2025

20 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible