14 de novembro de 2025
Ademais, do 1 ao 15 de decembro abrirase un novo prazo de inscrición para os centros que queiran participar nas III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026).
O Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña vén de confirmar a ampliación dos prazos de inscrición de varios programas municipais educativos incluídos nunha nova edición do Plan Coruña Educa para o curso 2025/2026.
Os programas, para os que se amplía o seu prazo de inscrición ata o vindeiro luns 15 de decembro, son os seguintes:
Inscrición dos centros nas III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026)
Por outra banda, do 1 ao 15 de decembro, ambos os días incluídos, abrirase un novo prazo de inscrición para que os centros interesados poidan participar nas III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026) , que se celebrarán entre o 23 de febreiro e o 2 de marzo de 2026.
Os centros educativos interesados en participar nalgún dos programas poderán formalizar a súa participación a través da web educativa do Concello. Na maior parte dos programas a inscrición realizarase a través da ficha específica en liña do servizo de Educación. Nalgúns casos será necesario cubrir unha ficha que facilita a entidade encargada de desenvolver o programa (a ligazón estará especificado no cadro anexo e na información de cada programa).
Documentos relacionados

3 de decembro de 2025

1 de decembro de 2025

28 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible