Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de decembro de 2025

A IV edición da gala A Coruña Global reflexionará mañá sobre a proxección internacional e o futuro da cidade

O acto anual, organizado polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional co apoio do Concello, contará coa participación de figuras de primeiro nivel como o investigador Moisés Canle, a deportista Sofía Toro ou o alcalde de Xenebra, Alfonso Gómez Cruz, entre outras

Mañá terá lugar a IV edición da gala A Coruña Global, un evento anual organizado polo Instituto Galego de Análise e Documentación internacional e polo Concello, que busca poñer en valor os proxectos e as iniciativas que abren a cidade cara ao resto do mundo. Realizarase no cinema da Domus ás 20.30 horas, e a velada será presentada polo cómico e actor Xosé Antonio Touriñán e a poeta e tradutora Yolanda Castaño (que xa fora a presentadora na edición do 2023). Ademais de presencialmente, a cita poderá seguirse por streaming a través da canle de Youtube de IGADI.

O encontro está concibido como un espazo de debate e de ideas, e contará coa presenza de varias persoas invitadas que conversarán desde diferentes ópticas e perspectivas acerca das posibilidades presentes e futuras para levantar A Coruña no terreo internacional. Entre os participantes estarán José Manuel Lage, concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, e Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, que estarán acompañados de especialistas en diversas disciplinas como o xornalista Arturo Lezcano, a deportista Sofía Toro, o científico Moisés Canle, o investigador principal do Real Instituto Elcano Miguel Otero Iglesias, o alcalde de Xenebra, Alfonso Gómez Cruz e o cirurxián Diego González Rivas. 

"O evento concíbese como un espazo mixto entre espectáculo e reflexión colectiva e contará cunha participación plural de persoas representativas da cidade, para comprender os fíos que tecen as conexións da Coruña co mundo do século XXI", apuntan desde o IGADI.

Estas actividades englóbanse dentro das iniciativas impulsadas tras a declaración institucional  "A Coruña global no mundo do S. XXI", que se asinou no 2019 e que marcou como obxectivo fundamental reforzar a imaxe internacional e a acción exterior da cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión