22 de junio de 2025
Os traballos arrincarán a mediados da semana que vén, dando continuidade ao plan de intervencións que está a impulsar o Goberno de Inés Rey desde inicios de ano en diversos distritos da cidade
A mediados da semana que vén, o Concello porá en marcha os traballos para renovar o firme da rúa Manuel Murguía e da avenida da Habana, ambas as dúas na contorna do estadio municipal de Riazor. A intervención suporá unha mellora substancial da calzada nunha superficie de máis de 12.500 metros cadrados.
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, precisou hoxe que, ao igual que fixo recentemente na contorna da praza de Ourense, a avenida do Porto e Linares Rivas, "estamos a actuar nos puntos da cidade onde se detecta unha erosión máis acelerada do pavimento, habitualmente por ser percorridos onde o tráfico rodado é máis intenso e constante".
As actuacións en Riazor arrincarán en Manuel Murguía. Previsiblemente, o mércores 25 en horario diurno, sempre e cando a previsión meteorolóxica sexa favorable para o desenvolvemento das actuacións de asfaltado.
O investimento previsto polo Concello nesta actuación é de máis de 300.000 euros.
A mediados de xullo, nova quenda de traballos na rúa San Xoán
O plan de intervencións programado polo Goberno de Inés Rey para renovar o firme nas calzadas de titularidade municipal continuará a mediados de xullo. Noemí Díaz avanzou hoxe que a intención do Concello é acometer entón as melloras previstas na rúa San Xoán e a contorna da praza de España.
A concelleira explicou que, "a renovación do firme na rúa San Xoán xa estaba sobre a mesa, mais coa inminente celebración da festa de San Xoán, entendemos que o mellor momento para executar as actuacións será a posteriori". Díaz razoou que, programando os traballos para mediados de xullo, "diminuímos, na medida do posible, o impacto no desenvolvemento habitual do sector hostaleiro na zona".
Neste 2025, máis de 1,7 millóns de investimento nas calzadas da Coruña
Sumando estas novas intervencións previstas en Manuel Murguía e a avenida da Habana, o Concello rebasa xa os 1,7 millóns de investimentos en renovar o firme das calzadas municipais no que vai de ano.
Ao longo deste 2025 actuouse ao longo do Paseo Marítimo -Pedro Barrié de la Maza e a contorna das Lagoas-, a avenida do Metrosidero e as Ánimas, a rotonda das Paxariñas e tamén en Catro Camiños, en diversos puntos de Agrela e tamén en Linares Rivas e a praza de Ourense.
Ademais, estes días tamén se traballa no núcleo poboacional da Silva, onde o Concello está a pavimentar os accesos desde a rúa Benela.

17 de diciembre de 2025

17 de diciembre de 2025

15 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible