7 de outubro de 2025
As novas rutas deste outono percorrerá tres barrios da cidade coas letras como protagonistas
Este luns 6 de outubro abriu o prazo de inscrición para unha nova edición de A Coruña das Letras, unha actividade organizada polo Concello da Coruña dentro do programa de fomento da lingua galega entre a cidadanía. "Desde o Goberno de Inés Rey buscamos facer actividades didácticas e divulgativas que permitan aos coruñeses e coruñesas coñecer máis sobre a nosa cidade e os seus barrios", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Co fin de afondar na lingua, na cultura e na literatura galegas na cidade, realizaranse unhas andainas guiadas pola Coruña máis invisible da man do coñecido músico e escritor Xurxo Souto. As persoas participantes aprenderán máis da toponimia tradicional da cidade, da literatura que habitou nos diferentes barrios que se visitarán e tamén da importancia da lingua nos seus diferentes contextos.
As tres actividades desenvolveranse os sábados 11 e 25 de outubro e o 8 de novembro, ás 11.30 horas. As inscricións para cada sesión abriranse o luns previo a través de inscricionslingua@coruna.gal, facilitando o nome completo e un teléfono de contacto Haberá un total de 55 prazas por actividade, que están dirixidas a maiores de 16 anos.
A primeira das andainas levará por título 'Visma, o outro mar da Coruña'. A segunda titúlase 'Polo Campo do Carballo e o Camiño Novo'. A última sesión titularase 'AS mulleres do muro (peixeiras, redeiras e mariscadoras)'. O punto de encontro de cada actividade facilitarase no correo electrónico de confirmación da inscrición.

16 de novembro de 2025

15 de novembro de 2025

15 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible