Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xuño de 2026

As festas dos Mallos e de San Pedro de Visma pechan os festexos nos barrios da Coruña deste mes de xuño

As celebracións, incluídas no programa de Festas nos Barrios, ofrecerán unha ampla programación con actividades para todos os públicos, concertos, gastronomía e iniciativas veciñais

A Coruña vivirá esta fin de semana dúas novas citas destacadas co lecer e a vida de barrio co gallo das festas dos Mallos e de San Pedro de Visma. Ambas celebracións, organizadas polo tecido veciñal co apoio do Concello, volverán converter as rúas en espazos de encontro, convivencia e cultura popular. "O Concello apoia decididamente as festas de barrio pola súa transcendencia social e cultural", indicou Inés Rey, alcaldesa da Coruña.

Na rúa Ángel Senra, o barrio dos Mallos celebrará o venres 26 e o sábado 27 unha programación intensa e participativa. O venres arrincará cunha actuación musical a cargo de Alex Rodríguez Dúo (19.30 h), seguido do recoñecemento a deportistas do barrio e o pregón de Lucía Veiga (20.30 h). A xornada continuará coa estrea do Himno dos Mallos, obra de Juan Pedre (21.00 h), e rematará cunha gran verbena coa orquestra Saudade (22.00 h).

O sábado 27 terá como protagonista a participación veciñal, con pasarrúas do grupo Aturuxo e un concurso de empanadas ao mediodía na Pulpeira de Lola. Pola tarde, haberá sesión vermú e actuacións musicais, ademais dunha sardiñada popular na rúa San Vicente. A programación completarase con xogos, inchables e, xa pola noite, unha macro discoteca ao aire libre como peche festivo.

Pola súa banda, as festas de San Pedro de Visma desenvolveranse do venres 26 ao domingo 28 con propostas que combinan tradición, música e gastronomía. O venres comezará cunha festa infantil e unha exposición fotográfica sobre a historia do barrio (18.00 h), seguida do festival "Rock in Visma" (22.00 h), con tributos a Queen e a Fito y Fitipaldis.

O sábado 27 incluirá sesión vermú (13.00 h), actividades deportivas e concertos, así como unha verbena nocturna co grupo Talismán (22.30 h). Durante a xornada haberá tamén oferta gastronómica con churrasco e mexillóns.

As celebracións culminarán o domingo cunha xornada de marcado carácter tradicional, con xogos populares, pasarrúas e foliada, misa solemne e procesión en honra a San Pedro. A partir do mediodía celebrarase a 'Festa do Polbo', acompañada de música e sesión vermú, nun ambiente pensado para toda a veciñanza.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión