29 de abril de 2015
Plan global de rexeneración e renovación urbana
Aínda que o punto de partida foi a elaboración dun ESTUDO PREVIO PARA UNHA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRADA NO BARRIO DAS FLORES DA CORUÑA, para avaliar a implantación no ámbito, do Real decreto 233/2013, do 5 de abril, polo que se regula o Plan Estatal de fomento do alugueiro de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016 ante as administracións autonómica e estatal, dados os fondos dispoñibles na orde ministerial, e os que lle corresponden a Galicia neste período, e o gran número de vivendas e polo tanto a necesidade financeira necesaria neste barrio, que excedía enormemente as posibilidades do plan de vivenda e o seu plan temporal, este estudo reorientouse cara aos fondos europeos de rexeneración urbana, onde si é posible obter financiamento suficiente e ademais axústase mellor ás necesidades do barrio xa que permite financiar máis intervencións de forma global e transversal así como incorporar novos programas de emprego, sociais e de rexeneración socioeconómica e non só edificatoria ou de espazo público. Polo tanto este estudo presentarase a distintos programas de fondos europeos para este período 2014-2020 e así rexenerar o barrio cun maior alcance do que permitiría a súa declaración como ARI xa que ademais de financiar a rehabilitación das vivendas habería a posibilidade de financiar unha rexeneración socioeconómica integral.
Para iso realízanse un diagnóstico da situación actual que permite analizar o estado de vulnerabilidade na que se encontra o barrio, un programa de actuacións integradas coherente cos obxectivos marcados, describindo as institucións implicadas, o modelo de xestión e o esquema de financiamento necesario.

10 de decembro de 2025

10 de decembro de 2025

6 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible