11 de abril de 2026
A alcaldesa participou na lectura do manifesto polo Día Mundial do Parkinson na praza de María Pita xunto á Asociación Parkinson Galicia-Coruña
O Concello da Coruña conmemorou esta mañá o Día Mundial do Parkinson cun acto institucional celebrado na praza de María Pita, no que participaron representantes da Asociación Parkinson Galicia-Coruña, persoas usuarias e familiares, así como membros da corporación municipal e outras autoridades do ámbito autonómico e metropolitano .
A alcaldesa, Inés Rey, foi a encargada de abrir o acto, no que presentou a Beatriz Puente, afectada de párkinson e usuaria da entidade, quen deu lectura ao manifesto desta xornada, centrado na necesidade de visibilizar a enfermidade e avanzar na eliminación dos prexuízos sociais .
No peche do acto, Rey apelou á responsabilidade colectiva para mellorar o coñecemento social do párkinson e avanzar cara a unha atención máis eficaz. "O párkinson non é só unha enfermidade, é unha realidade que condiciona o día a día de moitas persoas e das súas familias", sinalou, lembrando que arredor de 1.300 persoas na Coruña e preto de 10.000 en Galicia conviven con esta doenza.
A alcaldesa incidiu na necesidade de reforzar a coordinación sociosanitaria e reclamou unha maior implicación das administracións con competencias en saúde. "Non podemos permitir demoras nos diagnósticos nin dificultades no acceso aos tratamentos", afirmou.

9 de abril de 2026

17 de marzo de 2026

9 de marzo de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible