Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de marzo de 2022

Inés Rey recibe á poeta Ida Vitale na súa primeira estadía na Coruña

Vitale, de 98 anos, participa este luns no ciclo Poetas Di(n)versos, no que tamén estará o escritor coruñés Manuel Rivas

A poeta uruguaia Ida Vitale (Montevideo, 1923) participará esta tarde, acompañada por Manuel Rivas, dentro do ciclo Poetas Di(n)versos. A case centenaria escritora visitou esta mañá o Pazo Municipal de María Pita, acompañada pola súa filla, Amparo Rama, e pola poeta Yolanda Castaño, organizadora do recital poético que se realiza no Ágora.

Vitale foi recibida pola alcaldesa, Inés Rey, que a obsequiou cunha reprodución da Torre de Hércules. A escritora, galardoada co premio Cervantes no ano 2018, interesouse pola historia do faro romano e destacou a beleza e hospitalidade da Coruña, cidade que visita por vez primeira.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión