Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de xullo de 2015

O alcalde da Coruña fai unha chamada ao consenso e pide posicións razoables aos grupos da oposición

Xulio Ferreiro fai un balance positivo do seu primeiro mes de Goberno, marcado polos pasos que se están a dar para solucionar a complicada situación económica que deixou o PP



Cúmprese un mes dende a investidura de Xulio Ferreiro como alcalde da Coruña. O rexedor fai un balance moi positivo destas primeiras semanas nas que “moitas cousas empezaron a cambiar, non só simbolicamente, senón tamén a nivel político”. “Este foi un mes marcado pola situación económica na que se atopa o Concello, pero tamén un mes marcado polos pasos que estamos a dar para solucionar, precisamente, esa situación que nos deixou o PP”, indicou ante os medios. “Estamos moi contentos polo apoio que reciben as primeiras actuacións deste Goberno, cremos que hai respaldo, tanto dende a cidadanía, como tamén dende dentro da casa, onde penso que o persoal ten a sensación de que se conta con el. Hai satisfacción tanto dentro como fóra de María Pita”, salientou.

Por outro lado, o alcalde coruñés chamou ao consenso a todos os grupos municipais co obxectivo de chegar a un entendemento que permita sacar adiante o Pleno de Organización. Ferreiro destacou, non obstante, que para acadar un acordo é necesario asumir “posicións razoables”.

“Neste momento, desde o Grupo de Goberno cremos que nin o PP nin o PSOE asumen posicións razoables. O PP non o fai cando lle pide ao Goberno municipal que goberne nos seus ratos libres. Creo que iso non é asumible, non xa polo Executivo local, senón pola propia cidade”, dixo Ferreiro, nun encontro coa prensa. “Cremos que o PSOE tamén está nunha postura non razoable cando pretenden que o seu grupo municipal teña dedicacións que representan o 80% das que teñen os concelleiros do Goberno, e só para dedicarlle a metade do día”, indicou o rexedor da Coruña.

Por outra banda, Ferreiro recordou que a proposta que fixo o grupo de Goberno ao resto da Corporación é especialmente xenerosa. “Fixemos un ofrecemento como nunca se fixo antes para a oposición en canto a garantir o seu acceso a órganos colexiados ou representación nas mesas de contratación”, manifestou. “Se imos cara a un escenario razoable, o acordo será posible, por iso chamo á responsabilidade de todos os grupos”, dixo o alcalde coruñés.

 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión