Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de setembro de 2026

O Concello amplia os ancoradoiros de BiciCoruña en seis estacións máis

O obxectivo é adaptar o servizo ao incremento da demanda e facilitar a dispoñibilidade de bicicletas

A alcaldesa anunciou esta mañá que a ampliación prevista na estación de BiciCoruña da praza de Tabacos acompáñase dun reforzo da capacidade noutras seis bases da cidade, co obxectivo de adaptar o servizo ao incremento da demanda e facilitar a dispoñibilidade de bicicletas e prazas de estacionamento.

En total, o Concello instalou no día de onte 16 novos ancoradoiros: catro máis na estación do CHUAC, catro na Torre de Hércules, dous no Campo da Leña, dous no Ágora, dous na contorna do hospital Abente y Lago e outros dous na estación Agrela 1.

Estas actuacións súmanse á ampliación xa anunciada para a praza de Tabacos, onde o Concello pasou dos 12 aos 25 ancoradoiros, máis do dobre da capacidade actual. "BiciCoruña segue medrando e agora temos que adaptar tamén as estacións á resposta da cidadanía. Alí onde detectamos unha maior demanda, ampliamos a capacidade para seguir mellorando o servizo", sinalou Rey.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión