10 de agosto de 2015
O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, salienta que os afectados na cidade polo ERE da empresa non son moitos pero “xeran valor engadido e crean, a súa vez, máis postos de traballo indirectos”
O edil advirte: “Estaremos pendentes e teremos moi en conta as relacións laborais entre empresa e persoal, sobre todo, porque esta compañía ten un contrato en curso co Concello”
O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, mantivo na mañá deste luns unha xuntanza cos delegados sindicais da empresa Indra. Na reunión, o edil amosou o seu apoio aos traballadores e a súa demanda por manter os postos de traballo, sobre todo, “neste contexto de crise”. “Dende o Concello da Coruña expresamos a nosa solidariedade co persoal traballador, á vez que solicitamos á empresa que faga un esforzo por manter o emprego”, sinalou.
Indra ten previsto aplicar, entre este e o vindeiro exercicio, un Expediente de Regulamento de Emprego (ERE) que afectará a uns 1.750 traballadores en todo o Estado. Aínda que o impacto deste proceso será máis reducido na Coruña que noutras zonas do Estado, o concelleiro de Emprego recorda que a multinacional conseguiu importantes ingresos en anos pasados. “É necesario que trate de conservar o maior número de empregos posibles”, indicou Lema.
“En tanto que esta empresa ten un contrato en curso con nós, a súas relacións laborais co cadro de ersoal son algo que nos importa”, explicou o responsable de Emprego. “Aínda que os afectados na cidade non van ser moitos, debemos salientar que son postos de traballo que xeran valor engadido e máis postos de traballo indirectos”, recordou o concelleiro. “Queremos que estes empregos sigan existindo xa que, ademais, contribúen a que se fixen na cidade traballadores mozos e cunha preparación alta”.

29 de novembro de 2025

23 de novembro de 2025

23 de outubro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible