22 de marzo de 2016
A Corporación municipal convoca para mañá ás 12.00 horas un minuto de silencio diante do pazo municipal
O Concello da Coruña quere amosar a súa condena aos atentados perpetrados na mañá deste martes no aeroporto e o metro de Bruxelas e trasladar a súa solidariedade coas vítimas dos ataques e con toda a cidade belga, así como con todas aquelas persoas que sofren este tipo de actos nas distintas partes do mundo.
Nese sentido, a Corporación municipal convoca para mañá mércores, ás 12.00 horas, aos traballadores e traballadoras municipais e ao resto da cidadanía a gardar un minuto de silencio ás portas do pazo municipal de María Pita para facer chegar o apoio da Coruña aos e ás afectadas.

8 de outubro de 2025

5 de outubro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible