26 de novembro de 2015
O reparto de dispositivos respectará a orde de entrada das solicitudes recollidas na lista de espera para o seu cambio
O concelleiro de Mobilidade Sostible asegura que está garantido un stock suficiente para todo o vindeiro ano, "tempo no que o Concello estudará a introducción de diversas melloras"
O Concello da Coruña recibiu da empresa provedora as primeiras Tarxetas Millennium, que comezarán a expedirse a partir de mañá, venres 27, unha vez testeadas por parte da Concellería de Mobilidade Sostible para garantir o seu correcto funcionamento e respetando a orde de entrada das solicitudes recollidas na lista de espera para o cambio. Os usuarios e usuarias que as precisen deberán acudir ás oficinas municipais situadas no Pazo de María Pita, así como á Estación de Autobuses ou ao Fórum Metropolitano para solicitalas.
O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, lamentou “a espera que tiveron que soportar moitos veciños e veciñas” que tiñan solicitada unha nova tarxeta Millennium, aínda que recordou que “os problemas viñeron derivados da xestión que destes dispositivos se fixo en anteriores etapas de Goberno”. Dende a súa implantación, a Millennium estivo vinculada a unha única empresa, ao estar dotada dun circuíto de fabricación e un software específicos, así como unha aplicación deseñada de maneira individualizada para o cartón que alberga o chip. Os problemas de subministración da empresa provedora motivaron que o Concello tivese que suspender o servizo de expedición de tarxetas.
Por outro lado, o edil manifestou que, neste momento, o Concello “conta xa cun stock de tarxetas Millennium suficiente para cubrir as necesidades de todo o próximo ano”. Mentres tanto, o Goberno local está a analizar numerosos informes co fin de acadar “un sistema máis fiable e económico, que reduza drasticamente o custo que ten para o Concello cada tarxeta e que, sobre todo, acabe coas molestas os a as usuarias do transporte urbano”. “O que estamos intentando dende o Goberno local é que nun futuro, as Millennium se poidan solicitar a diversos provedores, e non só a un, como agora”, comentou o responsable municipal.
“Canto menos fallen estas tarxetas, máis axiña poderán subir as persoas ao transporte urbano, e máis melloraremos o tránsito do transporte público. Ademais, se as tarxetas non se averían, reducimos o custo que supoñen para o Concello e para os veciños e veciñas que teñen que volver a solicitala”, indicou.

17 de decembro de 2025

16 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible