Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de setembro de 2021

O Exército de Terra convoca o Concurso de Ensino Escolar 2022

O prazo de solicitude finaliza o próximo día 14 de novembro e o prazo de entrega dos traballos será entre o do 1 e ao 29 de abril de 2022

O Exército de Terra convoca o Concurso de Ensino Escolar 2022, que ten por obxecto propiciar que os mozos e mozas coñezan as múltiples actividades da historia e cultura militar, así como conmemorar o centenario das Unidades Acoirazadas e o 150 aniversario da creación das Unidades de Ferrocarrís.

O concurso está dirixido ao alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato ou Formación profesional.

Asignaranse premios específicos aos traballos relacionados co centenario das Unidades Acoirazadas e o 150 aniversario da creación das Unidades de Ferrocarrís.

Os traballos que se presenten, deben ser confeccionados expresamente para este concurso, en castelán, por unha cara, en formato A4, encadernados e o seu contido non poderá superar as cincuenta páxinas, incluído o texto escrito, anexos, fotos etc.; e, os colexios gañadores, proporcionarán ao Instituto de Historia e Cultura Militar, antes da entrega dos premios, unha copia dixital do traballo para a súa posible presentación na páxina web do Exército de Terra.

Toda a información nesta ligazón.

Documentos relacionados

  • Modelo de solicitude (267 KB)
  • Bases Concurso de Ensino Escolar do E.T. (66 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión