27 de decembro de 2018
A cita, que coincidirá coa entrega de premios do concurso do calendario municipal, comezará ás 13.00 horas e poderase seguir a través do web www.coruna.gal
O Pazo de María Pita acollerá mañá venres, 28 de decembro, a celebración dun acto aberto á cidadanía no que o alcalde, Xulio Ferreiro, despedirá o ano acompañado da veciñanza e representantes das entidades do tecido asociativo da cidade, así como cos concelleiros e concelleiras do goberno local e representantes do resto da corporación.
O Encontro Cidadán, que así se denomina a xuntanza, celebrarase por cuarto ano consecutivo no edificio municipal e poderase seguir a través do web municipal, www.coruna.gal. O acto, que contará coa participación do Coro Cantabile, comezará contra ás 13.00 horas no Salón de Sesións e durante o seu desenvolvemento terá lugar a entrega de premios ás persoas gañadoras do concurso de fotografía do Calendario Municipal 2019, que este ano levou por título A Coruña da memoria. De seguido, o rexedor e os membros da Corporación brindarán polo novo ano, coa veciñanza, nos salóns do Pazo de María Pita.

8 de outubro de 2025

5 de outubro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible