7 de agosto de 2015
Na sesión aprobouse o estudo de detalle para a ampliación do colexio de infantil e primaria Manuel Murguía de Feáns e os suplementos de crédito do orzamento do IMCE deste ano, así como a modificación do cadro de persoal
O Pleno extraordinario celebrado na mañá deste venres en María Pita rexeitou, cos votos en contra do PP e o BNG, a abstención do PSOE, e o voto favorable do grupo que sustenta o Goberno local, a proposta para sacar adiante un modificativo de crédito. A medida levábase á sesión plenaria para facer fronte ás facturas pendentes do anterior Executivo local e para suplementar determinadas partidas necesarias que neses momentos carecen de crédito.
Si saíron adiante o resto dos puntos da orde do día, que incluía a aprobación definitiva do estudo de detalle que permitirá a ampliación do CEIP Manuel Murguía de Feáns, unha proposta que recibiu o apoio unánime de todos os grupos da corporación municipal. O punto referido relativo á modificación do cadro de persoal foi aprobado cos votos favorables do equipo de Goberno e a abstención do PP o PSOE e o BNG. Na sesión tamén se votaban dous asuntos relacionados co IMCE: a aprobación do recoñecemento extraxudicial de créditos, acordado polo seu Consello Reitor en sesión de 21 de maio e a aprobación do suplemento de crédito do orzamento do mesmo órgano para 2015, igualmente acordado na mesma reunión de 21 de maio. O PP votou a favor dos dous puntos, mentres que o PSOE e o BNG optaron pola abstención.

8 de outubro de 2025

5 de outubro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible