3 de decembro de 2018
A Concellería de Xustiza Social e Coidados impulsa este Nadal o programa de campamentos escolares "Campacoles" que organiza a Federación Provincial de ANPA en colaboración co Concello e que se desenvolverá en 10 centros de educación infantil e primaria da cidade.
O Concello ofrecerá un total de 450 prazas no CEIP Anxo da Garda, o Curros Enríquez, o Emilia Pardo Bazán, o Juan Fernández Latorre, o Manuel Murguía, o CEIP Aneja de Prácticas, o Ramón de la Sagra, o de San Pedro de Visma, o da Sagrada Familia e o Sanjurjo de Carricarte.
A inscrición será os días 3, 4 e 5 de decembro para o alumnado matriculado nos centros participantes e os días 11, 12 e 13 para o resto de alumnado.
Máis información no díptico adxunto "Campacoles Nadal 2018" e na Federación Provincial de AMPAS: www.fedapascoruna.org ou nos teléfonos 981 202 002 e 981 201 877.
Documentos relacionados
26 de abril de 2024
26 de abril de 2024
24 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible