Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de marzo de 2024

Os alumnos-traballadores do programa de emprego ‘Unha xanela ao porto medieval da Coruña’ dedican unha das súas xornadas para coñecer lugares de interese no Concello de Sada

A visita tivo lugar o pasado venres 15 de marzo e visitáronse a fábrica de Sargadelos, o Museo de Arte Contemporánea 'Carlos Maside' e, por último, o pazo de Meirás.

A primeira parada foi na fábrica de Sargadelos, onde se coñeceu o proceso de elaboración das pezas que alí realizan. A continuación, a escasos metros da mesma, os alumnos-traballadores visitaron o Museo 'Carlos Maside', onde puideron contemplar obras de varios artistas contemporáneos como A Picariña, de Francisco Asorey, por exemplo.

Finalmente, trasladáronse a unha visita guiada no pazo de Meirás que lles achegou á súa historia e curiosidades máis interesantes. No seu interior, soamente puideron acceder ao recibidor e á capela. Doutra banda, nos espazos exteriores, coñeceron os xardíns, as fontes, a granxa e o monólito conmemorativo da visita dos Reis no ano 1927, entre outros.

Tratouse dunha xornada moi interesante, da que se adquiriu información de varios tipos e que serviu para coñecer máis sobre o noso pasado e patrimonio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión