Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de xaneiro de 2024

Primeira visita guiada do alumnado-traballador do Programa de emprego para coñecer #ORLAN: Esta é a miña historia… da arte

Os alumnos-traballadores do Programa de emprego "Unha ventá ao porto medieval da Coruña" levan a cabo unha das súas xornadas de traballo na exposición de ORLAN, en "Palexco".

O pasado venres 26 de xaneiro os alumnos-traballadores do Programa de emprego "Unha ventá ao porto medieval da Coruña" desprazaron o seu centro de traballo á sala municipal de exposicións "Palexco", onde se atopa a exposición da artista francesa "ORLAN: Esta é a miña historia... da arte."

Durante a xornada, ademais de visitar a mostra de arte, os alumnos-traballadores fixeron un traballo de campo que consistiu en preparar a visita guiada do espazo. Investigaron e expuxeron información sobre a artista, a súa historia e inspiración, as obras e demais aspectos relacionados.

A actividade levouse a cabo como mero ensaio do que será parte do traballo requirido no Programa de emprego que lles ocupa; ver a exposición dende unha postura de xestores culturais, afastándose da de meros espectadores, e realizar futuras visitas guiadas en diferentes espazos da cidade, que irán saíndo nos próximos meses.

A práctica realizada resultou unha toma de contacto moi interesante e enriquecedora para os membros do equipo de traballo. Serviu para aprender máis sobre a dinámica proposta e traballar nos aspectos a mellorar.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión