21 de setembro de 2022
O IMCE, coa especial colaboración do Servizo Municipal de Educación, ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro, no Forum Metropolitano, para acercar as artes escénicas á infancia e a xuventude, con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar, excepcionalmente, de balde.
Retomamos o programa Todo público: programación de teatro para centros escolares 2022-23 , coa normalidade previa á pandemia:
DATAS DE INSCRICIÓN:
Ficha de solicitude específica "Despacho de billetes do teatro do IMCE: Todo Público" https://edu.coruna.gal/coruna_educa_centros/main/login.php
No caso de ter esquecido o seu contrasinal e necesite recupéralo o darse de alta, pode solicitalo a través da opción "Esquecín o meu contrasinal", ou por correo electrónico a gestionim@edu.coruna.es desde a conta de correo oficial do seu centro escolar ou chamando ao/á responsable do centro ao teléfono 981 90 23 27.
Aclaración de dúbidas en forum@coruna.es e no teléfono 981 184 297, de luns a venres de 9 a 14h.
26 de abril de 2024
26 de abril de 2024
24 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible