25 de xaneiro de 2023
Unha acción de dinamización lingüística para fomentar o uso da lingua galega no alumnado de ensino secundario, bacharelato e FP.
O Servizo Municipal de Educación da Coruña anuncia o X Certame de Monólogos Cómicos en Lingua Galega, unha acción de dinamización lingüística na que se presentan monólogos cómicos creados e interpretados por alumnado de centros educativos do concello da Coruña. Os monólogos interpretaranse en galego e tratarán temas de actualidade.
Este certame está dirixido a alumnado de ESO, BACH e FP dos centros educativos do concello da Coruña e é de carácter gratuíto. O obxectivo é fomentar o uso da lingua galega no alumnado, potenciar a comprensión e a expresión oral, así como a creatividade e a espontaneidade no uso da lingua galega.
As persoas inscritas poderán solicitar os obradoiros de introdución á interpretación de monólogos cómicos, co obxecto de axudarlles a revisar os seus textos e mellorar a súa interpretación cómica. A inscrición realizarase do 25 de xaneiro ao 17 de febreiro a través da ficha de solicitude.
O certame dividirase en tres categorías: Categoría A (alumnado de 1º e 2º curso da ESO), Categoría B (alumnado de 3º e 4º curso da ESO) e Categoría C (alumnado de BACH e ciclos formativos de FP). Cada centro docente poderá presentar o alumnado participante de maneira individual ou en grupos de máximo tres alumnos/as. Estableceranse premios por categorías.
O certame terá lugar o 14 de abril de 2023 e as condicións e prazos para presentar os textos dos monólogos publicaranse con antelación polo Servizo Municipal de Educación.
Novas relacionadas
26 de abril de 2024
26 de abril de 2024
24 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible