22 de outubro de 2025
O Servizo de Emprego e Empresa do Concello da Coruña organiza a seguinte actividade formativa.
O próximo 29 de outubro de 2025, de 17:00 a 20:00 horas, celebrarase no Centro de Empresas Accede Papagaio a xornada formativa Licitacións Públicas: oportunidade de negocio para autónomos e pequenas empresas.
O encontro ten como obxectivo dar a coñecer a contratación pública como unha vía real de negocio para autónomos e Pemes, mostrando as oportunidades existentes na Coruña. Durante as tres horas de duración, os asistentes aprenderán como contrata a Administración aos seus provedores, que requisitos deben cumprir e recibirán ferramentas prácticas para elaborar propostas sólidas e competitivas para os procesos de licitación.
Esta iniciativa busca achegar a contratación pública ao tecido empresarial local, impulsando a participación de pequenas empresas no mercado institucional.

29 de novembro de 2025

25 de novembro de 2025

23 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible