Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EidusCoruña

Plan de comunicación

Vese un panel que indica que hai unha reunión de traballo participativa

Ferramenta clave para dar a coñecer a estratexia

O Plan de Comunicación EidusCoruña ten como obxectivo xeral a valorización e difusión da Estratexia EidusCoruña e dos fondos FEDER que o cofinancian.

Este plan pretende ser un manual e unha guía estratéxica que marque as liñas xerais de comunicación do proxecto, sinalando de forma clara e concisa que contar (mensaxe) e como contalo (accións).

Ten dúas vertentes diferenciadas:

  • a vertente interna obedece a un criterio de información operativa, e o seu obxectivo de comunicación é: "Garantir o fluxo constante da información entre as entidades que participan na execución da estratexia creando, habilitando e alimentando as vías de comunicación internas que permiten o intercambio eficaz de información e documentación entre eles".
  • a vertente externa, cuxos obxectivos se engloban nos seguintes aspectos técnicos:
    • Definir a imaxe de EidusCoruña recoñecible e garantir a homoxeneidade na utilización da identidade corporativa.
    • Deseñar unha mensaxe común, clara, directa, simple e atractiva para a comunicación do proxecto, adaptable segundo a canle, público obxectivo e ámbito de actuación.
    • Destacar o concepto de mobilidade e o enfoque de mellorar a calidade de vida da cidadanía e enfocar a sustentabilidade como un valor do proxecto.
    • Incorporar a dimensión da comunicación no día a día do proxecto, entendendo non só as obrigas regulamentarias senón asumindo a comunicación como unha forma de facer o proxecto.
    • Xerar o diálogo e intercambio de opinións entre os públicos obxectivos a través da comunicación en medios en liña e establecer un control e avaliación das accións da comunicación de EidusCoruña.

Descarga o Plan de Comunicación da Estratexia EidusCoruña.

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?