Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EidusCoruña

Loita contra a fraude

Un dos principais obxectivos do período 2014-2020 é reforzar a política antifraude. Por iso, o Concello da Coruña quere adherirse ao compromiso asumido pola AG respecto do cumprimento das normas xurídicas, éticas e morais baixo os principios de integridade, obxectividade e honestidade, de maneira que a súa actividade sexa percibida por todos os axentes implicados como oposta á fraude e a corrupción en calquera das súas formas.

Por todo iso, procedeuse á análise dos distintos riscos de fraude expostos pola comisión e a avaliación da súa probabilidade e impacto. Así mesmo, analizáronse e describíronse os controis existentes no Concello, e propuxéronse novos controis que tenden a evitar os devanditos riscos.

CAIXA DE CORREOS CIDADÁ MUNICIPAL

A caixa de correos EidusCoruña é un espazo a disposición da cidadanía a través do que se dará voz a toda aquela persoa que queira trasladar ao Concello, polas tres vías que lle ofrece, unha denuncia, unha queixa ou unha suxestión en relación á execución da Estratexia EidusCoruña.

DENUNCIA

Se vostede ten información acerca da comisión dalgún tipo de irregularidade ou fraude na xestión dos fondos FEDER e/ou municipais vinculados á execución da estratexia EidusCoruña, e desexa poñer en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, pode canalizar a súa denuncia utilizando a canle habilitada para o efecto polo citado Servizo, e ao que se pode acceder a través da seguinte ligazón.

RECLAMACIÓN

Se vostede necesita trasladar unha queixa en relación coa execución dalgunha das actuacións vinculadas á estratexia EidusCoruña, por favor, fágao a través desta ligazón. Poñerémonos en contacto con vostede o máis axiña posible.

SUXESTIÓN

Se vostede quere facernos chegar a súa achega en relación á execución da estratexia EidusCoruña, por favor, prema nesta ligazón

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?