Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EidusCoruña

Accións de comunicación

comunicación

A nosa estratexia de comunicación fai referencia á maneira en que se deben levar a cabo as accións de divulgación concibidas no Plan de Comunicación de EidusCoruña e como resultado da súa aplicación.

Esta estratexia comunicativa defínese como activa e integral, e debe abarcar todo o ciclo de execución do proxecto, desde a súa fase de lanzamento ata o seu peche e presentación de resultados. As accións de comunicación deben empregar un estilo próximo, coidado, preciso e directo, buscando a simplicidade para facilitar a súa comprensión.

Estas comunicacións diríxense a un público prioritario e concreto, polo que se utilizará de forma preferente o idioma galego, incluídas as de redes sociais (RRSS). Nos contidos da web, cuxo público será máis amplo, utilizaranse sempre que sexa posible ambas as opcións: galego e castelán.

As accións de comunicación para levar a cabo estrutúranse en 5 grandes grupos, que á súa vez se poderán desdobrar noutras categorías máis precisas, que se poderán modificar ou ampliar segundo avance a execución da estratexia EidusCoruña.

Medios de comunicación

Os principais: prensa escrita, radio, TV... en todas as súas opcións: anuncios en TV, anuncios en prensa, cuñas en radio, noticias en Internet e en redes sociais, báners, notas de prensa en teletipos..., que se poderán utilizar de forma individual ou formando parte dunha campaña publicitaria.

Categoría

Contido/descrición

Soporte/medio

Data de publicación

Prensa dixital En marcha os trámites para ampliar e renovar o servizo de Bicicoruña a través da empresa pública municipal EMVSA Web municipal 16 de novembro de 2018
Prensa dixital Poñerase en marcha unha nova estación de bicicletas públicas no barrio do Birloque, financiada con fondos FEDER, segundo comunicou o goberno municipal nunha reunión aberta realizada cos veciños e veciñas do barrio Web municipal 3 de novembro de 2018
Prensa dixital

O concelleiro de Rexeneración Urbana presenta o novo paquete de obras de urbanización na Cidade Vella cun orzamento de máis de 3 millóns de euros (rúas Damas, Cortadoría e Rosario), ademais da contorna da Fundación Luís Seoane e xardín de San Carlos

Web municipal 31 de outubro de 2018
Prensa dixital

O goberno local inviste 1,5 millóns de euros na mellora da funcionalidade e a conservación e posta en valor dos cemiterios de Santo Amaro, Oza e Feáns

Web municipal 31 de outubro de 2018
Prensa dixital

Reunión do concelleiro da Área de Rexeneración Urbana con veciñas/os e colectivos, dentro da Mesa da Cidade Vella, para acordar os criterios que rexerán o proceso de reordenación de terrazas, que terán en conta o especial valor patrimonial da zona

Web municipal 30 de outubro de 2018
Prensa dixital Rolda de prensa do alcalde da cidade comunicando o impulso a 14 operacións dentro da estratexia EidusCoruña por valor de 9,4 millóns, que ratificará a Xunta de Goberno Local o 19 de outubro Web municipal 17 de outubro de 2018
Prensa dixital Ruta aberta á cidadanía (xoves 11 de outubro de 2018) para presentar o proxecto do Bosque de Breogán Web municipal 9 de outubro de 2018
Prensa dixital

Presentación da concelleira de Medio Ambiente da recuperación dunha área degradada de 83.000 metros en Feáns para a creación do Bosque de Breogán

Web municipal 17 de agosto de 2018
Prensa dixital

Acto público no que se dá a coñecer o plan de actuación sobre o río Quintas para a recuperación das zonas degradadas e a mellora da accesibilidade, proxecto previsto dentro da Estratexia EidusCoruña.

Web municipal 11 de maio de 2018
Prensa dixital Presentación da convocatoria da Concellería de Medio Ambiente do proxecto de recuperación ambiental e creación dunha senda na contorna do río Quintas, no CCM Palavea o 11 de maio de 2018 Web municipal 7 de maio de 2018
Prensa escrita Presentación do proxecto e da web EidusCoruña ao persoal municipal. Reunión interna de traballo La Opinión A Coruña 17 de marzo de 2018
Prensa escrita Presentación do proxecto e da web EidusCoruña ao persoal municipal. Reunión interna de traballo Coruña Hoy 17 de marzo de 2018
Prensa dixital Presentación do proxecto e da web EidusCoruña ao persoal municipal. Reunión interna de traballo

Web municipal

16 de marzo de 2018

Prensa dixital

Novo portal web EidusCoruña. Presentacion de Xiao Varela

Web municipal

1 de marzo de 2018

Redes sociais

As máis usadas (Facebook e Twitter), e que ademais teñen páxina municipal propia.

Categoría

Contido/descrición

Data de 

realización

Rede social de publicación

Twitter Presentación da concelleira de Medio Ambiente da recuperación dunha área degradada en Feáns para a creación do Bosque de Breogán 17 de agosto de 2018 Perfil municipal de Twitter
Facebook Presentación da concelleira de Medio Ambiente da recuperación dunha área degradada en Feáns para a creación do Bosque de Breogán 17 de agosto de 2018 Perfil municipal Facebook
Twitter Acto público no CCM Palavea no que se dá a coñecer o plan de actuación sobre o río Quintas para a recuperación das zonas degradadas e a mellora da accesibilidade previsto dentro da estratexia EidusCoruña 11 de maio de 2018 Perfil municipal de Twitter
Facebook Anuncio dun acto aberto ao público sobre o proxecto de recuperación ambiental Río Quintas, o 11 de maio de 2018 no CCM Palavea 7 de maio de 2018 Perfil municipal Facebook
Twitter Anuncio dun acto aberto ao público sobre o proxecto de recuperación ambiental Río Quintas, o 11 de maio de 2018 no CCM Palavea 7 de maio de 2018 Perfil municipal de Twitter

Facebook

Presentación do proxecto e da web EidusCoruña ao persoal municipal

16 de marzo de 2018

Perfil municipal Facebook

Twitter

Presentación do proxecto e da web EidusCoruña ao persoal municipal

16 de marzo de 2018

Perfil municipal de Twitter

Eventos

Neste tipo incluiremos os seminarios, xornadas, actos de presentación ou inauguración..., que permitan dar a coñecer tanto as operacións realizadas no marco da Estratexia territorial EidusCoruña, como da propia estratexia.

Categoría

Contido/descrición

Soporte/lugar

Data derealización

Persoas convocadas e asistentes

Ligazón

Xornada de traballo Reunión interna de traballo. Presentación do proxecto e da web EidusCoruña CCM "Cidade Vella" 16 de marzo de 2018 51 / 47 Ligazón
Acto

Presentación de Xiao Varela do novo portal web EidusCoruña

Sala municipal prensa

1 de marzo de 2018

Ligazón

Publicacións

Neste apartado pódese consultar calquera publicación realizada coa finalidade de dar a coñecer a Estratexia territorial EidusCoruña, tanto en soporte papel como dixital (libros, folletos, boletíns, revistas...), dirixidas tanto á cidadanía como á propia organización municipal.

Publicación Elaboración Distribución Data

Guía Básica para entender una estrategia DUSI (en castelán)

Unidade de Xestión (UdG) de EidusCoruña Interna (correo electrónico) 4 de decembro de 2018
Guía básica para entender unha estratexia DUSI (en galego) Unidade de Xestión (UdG) de EidusCoruña Interna (correo electrónico) 4 de decembro de 2018

Manual básico para a tramitación de expedientes de EidusCoruña na plataforma de e-admón OpenCertiac

Departamento municipal de Modernización e Procesos / UdG Interna (correo electrónico) 4 de decembro de 2018
Modelo de características administrativas dos contratos de servizos de EidusCoruña Unidade de Xestión (UdG) de EidusCoruña Interna (correo electrónico) 4 de decembro de 2018
Modelo de características administrativas dos contratos de obras de EidusCoruña Unidade de Xestión (UdG) de EidusCoruña Interna (correo electrónico) 4 de decembro de 2018

Soporte dixital

Neste apartado poderase consultar calquera tipo de publicación informativa editada en soporte dixital ou electrónico (CD, DVD, vídeos...), sendo os seus destinatarios tanto a cidadanía da Coruña como as persoas interesadas en xeral, xa que se poderán descargar desde a ligazón correspondente.

Categoría

Contido/descrición

Soporte/lugar

Data de realización

Ligazón

Vídeo

Presentación da Estratexia integrada EidusCoruña. Versión galego

Perfil de Vimeo do Concello da Coruña

21 de marzo de 2018

Vídeo galego

Vídeo

Presentación da Estratexia integrada EidusCoruña. Versión castelá

Perfil de Vimeo do Concello da Coruña

21 de marzo de 2018

Vídeo castelán

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?