Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EidusCoruña

Que é unha EDUSI?

A Coruña

Unha estratexia participativa

O propósito dunha "estratexia de cidade" é transformar a área urbana nun espazo de maior calidade urbana, equilibrado económica e socialmente, inclusivo e integrador, que respecte a diversidade, ambientalmente sustentable e con marcada igualdade en materia de xénero.

As Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (EDUSI) son o requisito previo para financiar actuacións e proxectos con fondos FEDER. O estado español realizou 3 convocatorias desde o ano 2015, e resultaron beneficiarias destas axudas 173 entidades, cun total de 1.366 millóns €: 83 na primeira convocatoria, 40 na segunda e 50 na terceira.

Maioritariamente estas áreas funcionais foron administracións locais, principais puntos de apoio para facer realidade os obxectivos de crecemento intelixente, sustentable e integrador pola súa proximidade á cidadanía. O financiamento recibido adxudicouse en función da súa poboación:

  • Áreas funcionais de máis de 100.000 habitantes: máximo 15 millóns de euros
  • Áreas funcionais entre 50.000 e 100.000 habitantes: máximo 10 millóns de euros
  • Áreas funcionais entre 20.000 e 50.000 habitantes: máximo 5 millóns de euros

Eses obxectivos plásmanse nun documento estratéxico que debe recoller a situación da cidade (activos, problemas e retos), unha análise DAFO, o que define uns Obxectivos Estratéxicos (OE) e unhas Liñas de Actuación (LA) enmarcadas, forzosamente, nalgún dos seguintes catro Obxectivos Temáticos (OT):

Estas estratexias utilizan unha metodoloxía participativa. Nelas debeuse garantir, de forma transversal ao proceso, a implicación cidadá na súa elaboración e implementación, para que sexan partícipes os principais axentes económicos, sociais e institucionais do territorio.

SABER MÁIS:

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?