Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EidusCoruña

Documentos técnicos

libros e rato

Elaborar unha estratexia urbana, ou calquera outro documento que opte a financiamento externo e que ademais pode ter repercusión na nosa vida cotiá, é unha tarefa ardua aínda que moi gratificante se se pensa nos seus posibles beneficios.

Para tratar de facilitar o máximo posible ese labor seleccionamos unha serie de documentos técnicos que foron unha base importante para a elaboración, redacción e posterior aplicación de todo o aprendido.

O "Buscador" facilitarache a selección dos documentos segundo o seu ámbito territorial: a nosa cidade e a súa contorna, autonómico, estatal e europeo.

Resultados: 49

  • Acordo Asociación España 2014-2020

    Os acordos de asociación son negociacións entre a Comisión Europea e as autoridades nacionais nos que se aplican plans estratéxicos con prioridades de investimento que abarcan os Fondos EIE (FEDER, FSE, FEADER e FEMP), e que constitúen a base da estratexia de desenvolvemento de España a medio e longo prazo. Considéranse un incentivo clave para impulsar o cambio cara a un modelo de crecemento máis intelixente, sustentable e integrador, así como para a creación de emprego, reducindo así as diferenzas rexionais en España.

  • AMAC. Diagnóstico e Estratexia Metropolitana da área urbana da Coruña

    A Estratexia Metropolitana da área da Coruña é a aposta estratéxica de área urbana que promoven os concellos de Abegondo, A Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, co apoio do Consorcio das Mariñas, para favorecer un desenvolvemento urbano sustentable e integrado que aspira a facilitar a transformación urbana, económica, ambiental, cultural e social da Área Metropolitana da Coruña (AMAC). O proxecto da estratexia metropolitana consiste basicamente na resolución da maior parte dos problemas da cidadanía que reside, traballa, goza do seu tempo de lecer etc... nesa contorna territorial: o transporte, a mobilidade, a xestión de residuos, a xestión da auga etc.

  • Axenda Dixital de España (2013)

    É o marco de referencia para establecer unha folla de ruta en materia de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) e de administración electrónica, establecer a estratexia de España para acadar os obxectivos da Axenda Dixital para Europa, maximizar o impacto das políticas públicas en TIC para mellorar a produtividade e a competitividade, e transformar e modernizar a economía e sociedade española mediante un uso eficaz e intensivo das TIC pola cidadanía, empresas e administracións.

  • Axenda Urbana do Eixo Atlántico

    A Axenda Urbana do Eixo Atlántico debe ser un instrumento de desenvolvemento rexional ao servizo do sistema urbano da Eurorrexión Galicia Norte, sen esquecer que se trata de sentar as bases dunha reflexión, pois son as cidades as que deben tomar as decisións.

  • Carta de Leipzig sobre Cidades Europeas Sostibles

    Este documento recolle o consenso acadado a nivel europeo no tema de sustentabilidade urbana en maio de 2007 tras o Encontro informal de ministros sobre Desenvolvemento Urbano e Cohesión Territorial realizado en Leipzig.

    Inclúense recomendacións para que no futuro as cidades europeas sigan sendo espazos de progreso social, crecemento e innovación: a) facer un maior uso dos enfoques relacionados coa política integrada de desenvolvemento urbano e b) prestar especial atención aos barrios menos favorecidos dentro do contexto global da cidade.

  • Coruña Futura

    A cidade constituíu un foco de dinamismo e na súa expansión incorporou de forma crecente os municipios contiguos que, en moitos períodos, foron máis dinámicos que a propia cidade central. Esta é Coruña Futura. Unha cidade de case 400.000 habitantes. Unha estrutura territorial na que os principais núcleos do ámbito metropolitano (universidades, hospitais, aeroportos, portos, estacións de tren, os grandes equipamentos culturais e cívicos, as grandes áreas industriais, etc.) deben concibirse como elementos de cohesión e de articulación do conxunto do espazo e como elementos de referencia para todo Coruña Futura independentemente do municipio no que se localicen. A Estratexia global Coruña Futura organízase en:

    • 9 proxectos estratéxicos
    • 4 clústeres económicos emerxentes
  • Coruña Futura: Clústers Económicos Emerxentes

    Na Coruña existen importantes clústers produtivos que constitúen o soporte económico da cidade. Apoiar o desenvolvemento de proxectos estratéxicos vinculados a estes sectores que poden ser a base dun proxecto de cidade. Os 4 Clústers Económicos Emerxentes nos que se organiza a Estratexia global Coruña Futura son:

    1. O Clúster Marítimo-Portuario. Un novo hub oceánico
    2. Turismo, calidade de vida e saúde. Magnetismo urbano
    3. Clúster Dixital. Smart City e nova economía
    4. Clúster das Solucións Urbanas. Coruña Living Lab
  • Coruña Futura: proxectos estratéxicos

    Os Proxectos Estratéxicos de Coruña Futura xorden da análise da realidade urbana da cidade e da súa contorna metropolitana. Proporcionan unha base física e unha estratexia urbana que dota de contido a cooperación entre os concellos da área metropolitana, e permiten aproveitar o potencial das ferramentas de Coruña Smart City. Estes 9 proxectos son:

    1. Coruña verde e azul . Un proxecto de articulación metropolitana
    2. A cidade tecnoindustrial A Coruña-Arteixo . Eixo produtivo e urbano de Coruña Futura
    3. A avenida da innovación . Conectividade e calidade urbana no eixo da economía do futuro
    4. A ronda dos barrios . Renovación e sustentabilidade urbana
    5. O porto urbano . Apertura do porto á cidade e a nova economía
    6. O distrito da creatividade . Espazo de identidade e magnetismo urbano
    7. A cidade do coñecemento . Universidade e clústers emerxentes nun espazo urbano de excelencia
    8. Corazóns de barrio . Cara a unha cidade equilibrada
    9. A avenida da saúde . Fortalecer o clúster da saúde e o benestar.
  • Coruña Smart City. Axenda dixital

    Este documento constitúe a folla de ruta que hai que seguir para potenciar o uso das novas tecnoloxías dixitais, entendido como un factor imprescindible para acadar os retos que se marca A Coruña para o futuro. Temporalidade de planificación: 2012-2020.

  • Declaración de Riga

    A firma da Declaración de Riga en 2015 supón o acordo sobre os principios e elementos esenciais da futura Axenda Urbana da UE, consolidando o entendemento común dos gobernos nacionais, a Comisión Europea e doutras institucións europeas sobre o tema. Esta Declaración tamén recoñece a importancia das áreas urbanas pequenas e medianas, e o potencial existente que ofrecen en termos de desenvolvemento territorial e para a consecución dos obxectivos europeos.

Resultados: 49

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?