Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EidusCoruña

Presentación

Unha cidade contigo

A Coruña é unha cidade con enormes potencias, actualizada e aberta. Unha cidade que quere ser sustentable e igualitaria, que decide coa cidadanía e que quere traballar en rede con outras organizacións e institucións. Unha cidade comprometida co medio ambiente, coa xustiza social e de xénero e cos coidados. Unha cidade da economía social con potencial e capacidade de futuro. Así é A Coruña que queremos e cara aí van os retos que se nos presentan.

Como principal centro económico da comarca, e do conxunto de Galicia, A Coruña ten suficientes recursos para manterse na primeira liña da innovación. Posúe recursos estratéxicos, tanto pola súa localización e a súa riqueza patrimonial, cultural, histórica e natural, como polo seu tecido comercial e empresarial, as súas capacidades tecnolóxicas e as súas infraestruturas. Pero, sobre todo, conta coas persoas que poñen as súas potencialidades, a súa imaxinación, o seu coñecemento e o seu esforzo ao servizo dese espazo común que é a cidade. A Coruña é unha cidade con enormes potencialidades, actualizada e aberta. Unha cidade que quere ser sustentable e igualitaria, que decide coa cidadanía e que quere traballar en rede con outras organizacións e institucións. Unha cidade comprometida co medio ambiente, coa xustiza social e de xénero e cos coidados. Unha cidade da economía social con potencial e capacidade de futuro. Así é A Coruña que queremos e cara aí van os retos que se nos presentan.

Eses valores caben tamén na Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano Sustentable EidusCoruña, un proxecto que incorpora os principais proxectos e iniciativas deseñados durante os últimos anos, así como estudos estratéxicos realizados por organismos e institucións e, por suposto, a incorporación dos novos proxectos que responden aos novos obxectivos estratéxicos do Goberno Municipal.

Estratexia que durante o seu proceso de deseño, implementación e avaliación aspira a aproveitar as potencialidades da cidadanía e da cidade para traballar aspectos esenciais para A Coruña como a creación de emprego, a mobilidade sustentable, a accesibilidade, o turismo de calidade, a igualdade de oportunidades, a cobertura das necesidades básicas, as oportunidades de acceso aos servizos públicos, o apoio á educación, á cultura e á creatividade, a calidade ambiental ou o aforro enerxético, entre outros grandes retos que temos por diante.

Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano Sustentable EidusCoruña, é un proxecto que se sustenta na participación da cidadanía e confórmase como un espazo de reflexión compartida e de proposta cara a unha cidade máis igualitaria. Imaxinar e camiñar cara a Coruña que queremos é unha tarefa compartida, de todas e todos, e temos que percorrer ese camiño xuntas e xuntos. A Estratexia Integrada da Coruña, a través das súas dimensións estratéxicas e dos seus atributos e obxectivos quere ser unha invitación ás persoas, organizacións, entidades, outras institucións e á iniciativa privada a formar parte dese proxecto estratéxico.

Desde este punto de partida e co firme compromiso de manter este proceso aberto durante todo o mandato corporativo, pídolle a súa colaboración e compromiso coa cidade e a súa cidadanía. Queremos contar coa participación de todas e todos, sen ningún tipo de exclusións. Toda reflexión, toda achega ou toda suxestión será ben recibida.

Benvidas e benvidos a este proxecto do Concello da Coruña e moitas grazas pola súa colaboración e apoio.

Excmo. Sr. D. Xulio Xosé Ferreiro Baamonde. Alcalde da Coruña

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?