Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EidusCoruña

Modelo de participación

Participación

A participación cidadá na xestión de EidusCoruña

A estratexia de participación de EidusCoruña enmárcase dentro da estratexia municipal de participación cidadá que se leva a cabo dentro do Concello da Coruña de forma transversal e integrada nas diferentes políticas que se desenvolven. Vincularase, polo tanto, aos diferentes programas de participación cidadá dentro do programa "A Porta Aberta", como os orzamentos participativos, os encontros cidadáns "Dillo ti", o laboratorio cidadán Co-Lab, ou o impulso das redes de participación.

Para a execución de EidusCoruña proponse a creación do Grupo de Participación Urbana (GAU), como máximo órgano impulsor da participación. Este órgano, de carácter multisectorial, realizará as funcións de acompañamento, consulta e participación na estratexia. Estará presente ao longo de toda a execución da estratexia, asegurando que se integran nela as diferentes voces da cidade.

Adicionalmente, levaranse a cabo procesos participativos nas accións que integran a Estratexia EidusCoruña. As súas características dependerán da necesidade específica para cada acción concreta, pero integraranse no programa "A Porta Aberta".

O elemento central da estratexia

A estratexia dunha cidade non é tanto un documento máis ou menos ben elaborado senón un proceso continuo, de aí que, como proceso, teña que adaptarse ás novas visións cidadás e por iso acumule os diferentes procesos participativos levados a cabo para a construción da estratexia da cidade.

Desta maneira toda a cidadanía, organizada ou non, dispoñerá de mecanismos para participar no deseño da Estratexia EidusCoruña.

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?