Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EidusCoruña

Planificando o futuro da cidade

Nas cidades habita máis do 75% da poboación europea e materialízase o 80% da actividade económica. Constitúen, por tanto, os motores do crecemento e do emprego en Europa.

Dada a necesidade e a potencialidade que teñen os proxectos de rexeneración urbana, concretáronse diferentes iniciativas e programas da Política de Cohesión, desde os Proxectos Pilotos Urbanos (1990 e 1993), as dúas fases do programa URBAN, URBAN I 1994-1999 e URBAN II 2000-2006, as actuacións integradas de rexeneración urbana do período 2007-2013, e as actuais que deron lugar ás estratexias DUSI.

A dimensión urbana da política de cohesión reforzouse considerablemente para o período 2014-2020, recoñecendo así a importancia das cidades na aplicación da Estratexia Europa 2020, que actualmente sinala o camiño cara ao crecemento da UE nesta década e posteriores. A súa finalidade, ademais de superar a crise das nosas economías, é tamén emendar os defectos do noso modelo de crecemento para facer un tipo de crecemento distinto, máis intelixente, sustentable e integrador, que utilice mellor os recursos, e que tamén sexa verde e máis competitiva.

Por iso xa se está traballando para o próximo período de programación en ampliar as estratexias urbanas que serán as que definan o modelo para seguir por parte das administracións implicadas.

Este será o camiño para seguir nos próximos anos:

A nivel mundial

A Nova Axenda Urbana de Nacións Unidas, Hábitat III Nesta era na que vivimos un crecemento sen precedentes da urbanización, e no contexto da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable, o Acordo de París e outros acordos e marcos mundiais para o desenvolvemento, chegou o momento decisivo no que as cidades poden ser fonte de solucións aos problemas aos que se enfronta o noso mundo na actualidade, e non a súa causa. Se está ben planificada e ben xestionada, a urbanización pode ser un instrumento poderoso para lograr o desenvolvemento sustentable, tanto nos países en desenvolvemento como nos países desenvolvidos.

A nivel europeo

Mediante a redacción da Axenda Urbana Europea , agora mesmo en fase de debate entre todos os países membros, cuxo informe do 2017 pode consultarse, no que se recollen as recomendacións e análises da Comisión ao Consello de Europa.

A nivel de España

O goberno central, mediante a posta en marcha da Axenda Urbana Española comezará a desenvolver un proxecto que contribúa, a nivel nacional, a cumprir cos obxectivos expostos polas novas Axendas Urbanas Internacionais, Europea e de Nacións Unidas aprobadas recentemente e xa citadas.

A nivel territorial

As rexións transfonteirizas Galicia-norte de Portugal desenvolveron a Axenda Urbana do Eixo Atántico . Esta axenda debe ser un instrumento de desenvolvemento rexional ao servizo do sistema urbano da Eurorrexión Galicia Norte, que pretende sentar as bases da reflexión, pois son as cidades as que deben tomar as decisións, un esforzo colectivo que permita liderar o crecemento intelixente, sustentable e integrador do futuro próximo, potenciando a cooperación entre as administracións públicas locais.

A nivel metropolitano

Especialmente, impulsando a creación da Área Metropolitana da contorna da Coruña, enfocado cara á aprobación dunha lei galega que permita a constitución xurídico da Área Metropolitana da Coruña (AMAC) que lles permita acometer actuacións de forma conxunta aos concellos que a conformen e que serán beneficiosas para toda a cidadanía.

E xa a nivel local, hai unha serie de grandes proxectos de investimento para a cidade que dependen en moitos casos doutras administracións implicadas que ten competencias sobre eles (Deputación, Xunta, Autoridade Portuaria, goberno central), pero cuxo empuxe e posta en marcha debe ser un obxectivo para alcanzar polas autoridades municipais polos beneficios que obterá a cidadanía da Coruña.

Pódense citar, entre outras:

  1. Ampliación da Avenida de Alfonso Molina, que depende do Ministerio de Fomento
  2. O Viario 18, que permitiría a conexión da Autoestrada do Atlántico coa terceira rolda, e que se considera imprescindible para a redución do tráfico en Alfonso Molina. A obra foille encomendada en 2102 á concesionaria da AP-9, Audasa, mediante o acordo con Fomento.
  3. Ponte da Pasaxe. Preténdese ampliar este viaduto debido ao intenso tráfico que soporta e as frecuentes conxestións que se producen nel. Esta obra tamén beneficiosa para a cidade depende do Ministerio de Fomento.
  4. Ligazón ferroviaria do porto exterior, que implica as administracións do Ministerio de Fomento e a Autoridade Portuaria.
  5. A estación intermodal. Esta nova terminal de transporte uniría os servizos que agora se prestan na o Estación de Autobuses coa Estación de Tren, e implica o Ministerio de Fomento, Xunta e Concello.
  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?