Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EidusCoruña

Antecedentes

A Coruña

Cara a un salto cualitativo

A Coruña conta con máis de dous mil anos de historia que forxaron o seu carácter de cidade aberta, permeable e moi vinculada ao mar.

Aínda que historicamente a cidade presentaba unha notable carencia de infraestruturas en materia de comunicacións e mobilidade, ao longo dos últimos anos -especialmente nos que concirnen a este século XXI- experimentouse un importante empuxe na materia.

A xestión pública municipal realizada dende comezos do século XXI permitiulle á cidade dar un salto cualitativo, e neste sentido recibiu diferentes recoñecementos, galardóns e premios.

Tanto as persoas expertas como a cidadanía coinciden en que nun municipio de dimensións moi reducidas, de carácter peninsular e cuxa cidade se estende funcionalmente cara aos concellos da súa futura área metropolitana, presenta a mobilidade e o acceso da cidadanía aos servizos como un dos seus factores críticos. Este factor pasa de ser un problema notable ao principal problema da cidade e a súa área de influencia.

Esta problemática non se poderá resolver unicamente cunha Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado (en diante EDUSI) pero a través dela daranse pasos decisivos orientados a resolver dinámicas de mobilidade interna entre os barrios da cidade e sentar as bases para unha futura mitigación da problemática a nivel supramunicipal.

Así, o Concello da Coruña deseñou e presentou a súa Estratexia DUSI na convocatoria do 2016 de axudas do FEDER aprobada pola Orde HAP/1610/2016, do 6 de outubro. A estratexia presentada polo Concello da Coruña, denominada EidusCoruña, foi SELECCIONADA para recibir axuda FEDER a través da Resolución do 18 de maio de 2017, da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos, e a súa concesión foi ratificada como DEFINITIVA mediante a Resolución do 21 de xullo de 2017.

SABER MÁIS:

E ademais, consultando toda a información recollida nas seccións Documentos técnicos , Publicacións e Normativa .

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?